formularioHidden
formularioRDF

Panel Information

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar con la navegación entendemos que aceptas nuestra política de cookies (actualizada el 20-05-2019).

Experiences > deste

facetas

2 results

O itinerario educativo “Expedición á Antártida”, tivo o seu comezo no Proxecto Tripulando a Igualdade, o cal é un proxecto coeducativo dirixido ao alumnado de Educación Infantil para previr a Violencia de Xénero e fomentar a Igualdade. Deste modo, o buque deste proxecto xa era unha realidade na nosa escola, xa que se comezou a considerar que a coeducación debería ser un contido transversal de responsabilidade social. Polo tanto, nesta ocasión, e tal e como se plasma no desenvolvemento desta experiencia educativa, o alumnado de 5º de Educación Infantil, enrolouse de xeito imaxinario, nun barco polo Polo Sur e as Bases de investigación da Antártida, aprenderon modelos sociais igualitarios en canto ó xénero, reflexionaron sobre as situacións de desigualdade que nos atopamos a cotío e empregaron as TIC como base de aprendizaxe, sen esquecer a colaboración e implicación familiar. A súa xustificación e posta en práctica reside en que se tivo coñecemento da experiencia vivida por Fabian Dattner, a cal, escoitou bromear a un grupo de científicos sobre que as persoas candidatas para liderar a un grupo de investigación na Antártida debían ter barba.

Deste modo, ofrecéuselle ao alumnado unha oportunidade para que puidese rachar co machismo e evitar reproducir modelos sociais patriarcais e androcéntricos. Foi un alumnado apoderado, visible, igualitario, asertivo e cunha autoestima e autoconcepto positivos. Polo tanto, dende todas as tarefas educativas proxectadas na programación inicial, durante o curso escolar seleccionáronse as que se consideraron prioritarias e implicaban nunha maior porcentaxe de: coeducación emocional, visibilización da muller na ciencia, coidado do medio ambiente, coresponsabilidade nos coidados, modelos de feminidade e masculinidade non hexemónicos, uso das TIC e a colaboración familiar. Deste modo, leváronse a cabo, entre outros, os seguintes itinerarios educativos:

  • construción dun recuncho de investigación.

  • xeolocalizacións das bases antárticas e lugares xeográficamente importantes.

  • análises e seguimentos dos proxectos científicos sobre o cambio climático.

  • introdución á realidade aumentada.

  • viaxes a través da realidade virtual.

  • coñecemento sobre mulleres pioneiras relacionadas coa Antártida,

  • entrevistas con mulleres científicas actuais

  • iniciación á robótica.

  • coidado dos animais Antárticos.

 

...

​Tripulando a Igualdade é un proxecto coeducativo dirixido ao alumnado de Educación Infantil, para fomentar a Igualdade de Xénero, romper cos estereotipos de xénero e previr as violencias machistas. 

 

Como obxectivo xeral do mesmo, preténdese concienciar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) de que a desigualdade de xénero aínda é unha realidade, e fomentar unha educación baseada no principio de igualdade real de mulleres e homes.

 

Deste modo, o noso alumnado enrolarase nunha aventura por diversos lugares imaxinarios pero que reflicten as desigualdades entre homes e mulleres de hoxe en día. Os rapaces e rapazas viaxarán nun barco que atracará en varios portos, os habitantes deses sitios presentaranlles diferentes actividades e xogos nos que participar e que lles invitarán a reflexionar sobre as situacións de desigualdade.

 

Para saber mais sobre a experiencia  e todas actividades levadas a cabo podedes acceder a: https://helgavr.weebly.com/tripulando-a-igualdade.html ou seguir os nosos perfís de Twitter @ospitinos e Paxariña de Papel baixo a etiqueta #TripulandoIgualdade.

 

Aquí deixamos un exemplo dunha das actividades que desenvolvimos e que sirve de resumo das nosas aprendizaxes:

 

 

Así como un dos libros que escribimos xunto coas nosas familias, e que conseguimos editar tanto dixitalmente como en papel:

 

 

...

Mapas

CARGANDO...

Ir a Mapas
Un museo virtual con más de 17.000 obras de arte

CARGANDO...

Ir a Mis Museos
Biblioteca

CARGANDO...

Ir a BNEscolar
EduBlogs

CARGANDO...

Ir a Edublogs
Odite

CARGANDO...

Ir a Odite